Certificación de Biólogo/a Ambiental do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.

Esta Certificación concederase a todos aqueles colexiados/as nos Colexios territoriais de Biólogos que superen os requirimentos e o baremo aprobado pola Comisión de Medio Ambiente do CGCOB. Este baremo ten en conta a experiencia profesional dos solicitantes, así como a súa formación.

Os colexiados que cumpran cos requisitos e os baremos establecidos recibirán o Certificado de Biólogo/a Ambiental e automaticamente formarán parte do Registro Nacional de Biólogo/a Ambiental (RNBA), que servirá para dotalo de funcionalidade nos convenios que o CGCOB ten con outras institucións, por exemplo o que recentemente se asinou co Grupo TRAGSA.

Os principais obxectivos son:

-Mellorar a calidade dos servizos ambientais que a profesión presta á sociedade.

-Promover a mellora da situación laboral dos profesionais da Bioloxía Ambiental.

-Fomentar a regulación da profesión.

-Crear unha bolsa de profesionais do Medio Ambiente, mediante a creación do Registro Nacional de Biólogo/a Ambiental (RNBA).

É imprescindible achegar os seguintes datos:

1. Currículo normalizado (FECYT, autonómico, Universidade, EUROPASS…).

Formación recibida e impartida. Diplomas, títulos, certificacións ou acreditacións oficiais.

Publicacións.

Participación en Consellos, Comités, Comisións etc.

Documentación descritiva do traballo desenvolvido (só autónomos).

2. Contrato.

3. Vida laboral

4. Cobertura de responsabilidade civil no ámbito de exercicio profesional (opcional).

5. Declaración Responsable de non ter sido suspendido/a ou inhabilitado para o exercicio profesional.

6. Xustificante de transferencia (30 euros a conta do COBGA nº)

SOLICITUDE https://cgcob.es/certificacion-biologo-ambiental/