Certificación de Biólogo/a Sanitario/a do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos.
Concederase a todos aqueles colexiados en Colexios Oficiais de Biólogos de ámbito nacional, cunha colexiación non inferior a 6 meses e que estean a exercer a súa actividade profesional en centros privados ou en centros, establecementos e servizos do Sistema Nacional de Saúde ou concertados con el, en centros de investigación e en centros con docencia sanitaria, así como aqueles centrospúblicos ou privados estranxeiros con actividade sanitaria recoñecida e desenvolvendo as funcións propias de biólogo/a sanitario/a.
Funcións do/a Biólogo/a Sanitario/a:
Estas funcións están descritas no «Artigo 15. Funcións da profesión» do Real Decreto 693/1996, do 26 de abril, polo que se aproban os Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos. Para estes efectos, entenderanse por funcións de Biólogo/a Sanitario/a aquelas que sexan unha actividade sanitaria segundo o definido polo «Artigo 2. Definicións, apartado d)» do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.
Requisitos dos/as solicitantes:
Poderán solicitar a concesión do certificado os/as licenciados/as ou graduados/as en Bioloxía que acrediten estar colexiados como ejercientes durante, polo menos, un período de 6 meses e que exerzan actividade sanitaria. Para estes efectos, considéranse titulacións do ámbito da Bioloxía as recoñecidas polo Ministerio de Sanidade como tal.
Para os efectos do disposto:
• Considéranse centros, servizos e establecementos sanitarios os que se recollen na clasificación que figura no anexo I do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.
• Considéranse centros de investigación sanitaria os acreditados como tal.
• Considéranse centros docentes os centros de docencia regulados que impartan formación sanitaria.
Documentación: (asterisco * indica obrigatoriedade)
1-Currículo normalizado (FECYT, autonómico, Universidade, EUROPASS…).
2- Certificado do responsable do centro de traballo no que se describa a actividade
profesional realizada, actual ou pasada.
3- Cobertura de responsabilidade civil Profesional (só en caso de actividade de conta propia e/o privada)
4- Acreditacións ou Certificacións de Sociedades Científicas Españolas ou Europeas.
5- Outros documentos (Diplomas, títulos, certificacións ou acreditacións oficiais de cursos realizados).
6- Xustificante de transferencia (30 euros a conta do COBGA nº)
7-* Política de privacidade (Asinado)
SOLICITUDE https://cgcob.es/certificacion-biologo-sanitario/