Defensa da profesión
Tal como se recolle no artigo 6.2 dos Estatutos do Colexio, unha das funcións do COBGA é “exercer a representación e defensa da profesión de biólogo e dos seus intereses xerais ante os poderes públicos de Galicia e ante as restantes Administracións”.
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
Comisión Medio Mariño. Observadores/as científicos/as marinos/as. no ano 2022 a través do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos remitímos escritos aos Ministerios implicados na xestión dos Observadores/as científicos/as marinos/as: Traballo, Ciencia, Pesca e Seguridade Social, así como aos sindicatos e patronal, acompañabamos o escrito co “Documento base: propostas para a mellora das condicións de traballo dos/as Observadores/as Científicos/as Mariños/as”, froito do grupo de traballo conxunto de observadores/as científicos/as mariños/as do COBGA e o COBCAN co fin de estudar propostas para a mellora das condicións laborais deste colectivo. Na proposta incluíase, entre outras cuestións, a necesidade da aprobación de coeficientes redutores para este colectivo. Pasado un tempo prudencial e o impás das eleccións trasladamolles a consulta de "se tomou algunha iniciativa ao respecto ou, no seu caso, cales serían os pasos necesarios para levar a cabo as propostas presentadas". [8/03/24]
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
Xefe/a de sección de Investigación da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Presentamos Recurso de Reposición contra a Resolución publicada no DOG do 2 de maio (Resolución de 20 de abril de 2023), da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto vacante de persoal licenciado sanitario. Posto: xefe/a de sección de Investigación da Área Sanitaria. Na base cuarta da Resolución do 20 de abril de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, os requisitos para participar na convocatoria di: «estar en posesión do título de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e ademais posuír o título dalgunha especialidade que habilite para acceder a prazas básicas de licenciado/a sanitario, de atención hospitalaria, expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional». No DOG de 12 de xuño se modifica do seguinte xeito, debe dicir: «estar en posesión do título universitario de grao ou licenciado/a ou doutor/a e ademais posuír o título de algunha especialidade que habilite para acceder a prazas básicas de licenciado/a sanitario, de atención hospitalaria, expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional». [DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023] [12/06/23]
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
Concello de Curtis-obradoiro de emprego "TERRAS DA MONTAÑA IV. Presentamos RECURSO contra las bases dos procesos selectivos do alumnado- traballador e persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego "TERRAS DA MONTAÑA IV, publicadas no BOP de 22/8/2022. Nas bases para a selección de persoal director e docente en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería exclúese a titulación en bioloxía, mentres que o RD 682/2011, do 13 de maio (que regulan os certificados de profesionalidade da familia profesional que se inclúen no repertorio nacional de certificados de profesionalidade que resulta aplicable), dispoñen como requisito de titulación licenciado + experiencia, e o RD 1375/2008, do 1 de agosto (que regula os certificados de profesionalidade da familia profesional agraria que se inclúen no repertorio nacional de certificados de profesionalidade), que resulta aplicable, admite explicitamente como requisito de titulación licenciado en bioloxía, o que permite entender que a titulación en Bioloxía debería estar incluída. [24/08/22]
Comisión do Medio Mariño. O COBGA e o COBCAN trasladamos ao Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos o documento base "Propuestas para la mejora de las condiciones de trabajo de los/as Observadores/as Científicos/as Marinos/as", para que o tramite ante o Ministerios competentes, coas reivindicacións dos Observadores/as Científicos/as Mariño/as. [01/07/22]
Concello de Nigrán. Recurso de Reposición da bolsa de Técnico de Medio Ambiente. Con data de 14 de xuño responden ao noso recurso de reposición co seguinte:
"Á vista de canto antecede, realizando unha análise ampla da situación, non se aprecia que as competencias adquiridas por un titulado no grao en Bioloxía ou equivalente resulten alleas ás funcións que habitualmente debería desenvolver un técnico de medio ambiente nunha administración municipal, competencias que ademais deben acreditarse na fase de oposición do proceso selectivo. RESOLVE:
-Estimar o recurso de reposición interposto por D. José Antonio Fernández Bouzas, en representación do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia,
-Modificar o apartado f) que pasa a ter a seguinte redacción: f) Estar en posesión ou en condición de obter o seguinte título académico: Licenciatura en Ciencias Ambientais, grao en Medio Ambiente, grao en Bioloxía ou equivalente.
-Proceder a unha nova publicación das bases reguladoras do proceso selectivo coa rectificación exposta no apartado anterior e abrir un novo prazo de presentación de instancias polo mesmo prazo concedido inicialmente." [15/06/22]
Concello de Nigrán. Remitimos Recurso de Reposición contra a Resolución do Concello de Nigrán pola que se aproban as bases e convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de Técnico/a en Medio Ambiente. Nas bases, establécense os requisitos, no punto 2.F, indícase "estar en posesión do título de licenciatura en CC Ambientais". No Recurso solicitamos a inclusión da nosa titulación entre os requisitos. [06/06/22]
Comisión do Medio Mariño. O COBGA solicita Coeficientes reductores para os observadores pesqueiros. Solicitamos oa Grupos Parlamentarios no Congreso de los Diputados que se teña en conta ao colectivo dos observadores de pesca u observadores científicos inclua expresamente entre os beneficiarios dos coeficientes reductores na tramitación do proxecto de Ley de Pesca Sostenible e Investigación Pesquera [25/05/22]
Comisión do Medio Mariño. Dentro da comisión creouse o Grupo de Traballo "Observadores Pesqueiros". A finalidade sería redactar un informe sobre: situación actual, situación noutros paises, lexislación, medidas propostas, para no seu caso transmitirselo ao CGCOB. O pasado 4 de abril realizouse unha reunión (on line) na que participaron 21 interesados/as en aportar a súa experiencia para intentar mellorar esta actividade profesional. Comentouse a situación actual e as posibles melloras (Salarios, cotizacións, formación, ...). [04/04/22]
O 27/01/22, presentamos unha reclamación/consulta sobre a Licitación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, "Servizo para a elaboración de documentos técnicos de identificación das principais ameazas dos valores naturais do medio acuático continental orixinadas por actuacións antropóxenas en Galicia e proposta de medidas para mellorar o seu estado de conservación, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Expediente número 68/2021 PN". No prego o director técnico tiña que ter a titulación de "Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Agrónoma ou titulacións equivalentes". Feita a nosa consulta/reclamación na que indicábamos que "Tanto as accións para desenvolver polo Técnico, como as funcións que se atribúen ao devandito posto cúmpreas a titulación de Biólogo, porque así o avala o contido curricular dos estudos universitarios e a práctica profesional" o 31/01/22 responden que "aos efectos deste contrato en particular, considerarase que a titulación de Biólogo é equivalente".
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
RPTs Concellos de Galicia. Enviamos escrito aos 313 Concellos galegos, Deputacións provinciais e a FEGAMP informando das actividades profesionais dos biológos e solicitando que teñan en conta a nosa titulación na redacción ou modificación das Relacións de Postos de Traballo (RPT) dos respectivos concellos.
Obradoiros de emprego. Presentamos recurso de reposición contra as convocatorias de Director e/ou Docentes dos concellos ourensanos de San Cristovo de Cea, Coles, Castro Caldelas, Celanova, A Merca, O Irixo e Pereiro de Aguiar; pola non inclusión da titulación de Bioloxía nas devanditas prazas.
Concello de Valdoviño. Presentamos recurso contra a Resolución do 28 de xuño de 2021 referente á convocatoria para prover unha praza de Técnico de Museos, pola non inclusión da nosa titulación, tal como si se fixo no 2019 na convocatoria de persoal técnico para atención do "Océano Surf Museo".
UVIGO. Presentamos recurso contra resolución pola que se convoca concurso público para a contratación de profesorado asociado en ciencias da saúde, ao non incluir ao Especialistas en Bioquímica Clínica na convocatoria.
Concello de Piñor (11 de maio). Interpoñemos Recurso Potestativo de Reposición contra a Resolución pol aque se aproban a bases da convocatoria do concurso-oposición para a cobertura por persoal laboral temporal dunha praza de Técnico de Medio Ambiente.
Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (4 de marzo). na convocatoria para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia. Para as de análises clínicas non se especifica a nosa titulación como requisito.Pedimos ao XXI de Ourense que modificase as bases no sentido de incluir a nosa titulación, o día seguinte a correxiron [PDF]
Grupo TRAGSA (19 de febreiro). O Consejo General de Colegios de Biólogos, a petición do COBGA envía escrito a TRAGSA no que se fan alegacións e se solicita "con el objeto de informar y requerir que en esta y en otras ofertas se incluyan los perfiles profesionales adecuados y, en este caso, a los biólogos por estar suficientemente capacitados para la ordenación cinegética".
Vacinación COVID19 (14 de febreiro). Ao ter noticia da organización, pola Secretaria Xeral Técnica do SERGAS dunha campaña de vacinación por COVID-19 dos profesionais que traballan nos centros sanitarios privados, enviamos escrito solicitando a inclusión dos nosos colexiados na devandita campaña.
Vacinación COVID19 (12 de febreiro). Enviamos os datos en relación a petición da Secretaría Xeral Técnica do SERGAS a solicitude de datos persoais dos/as colexiados/as que na actualidade presten servizo en establecementos sanitarios privados non concertados coa finalidade de organizar a vacinación por COVID-19.
Grupo TRAGSA (26 de xaneiro). Recibimos a seguinte resposta: las titulaciones indicadas son habilitantes para la firma de este tipo de planes. no teniendo constancia que la formación de grado en biología también lo sea. Polo que decidimos remitir a información ao Consejo General de Colegios de Biólogos para que realice los trámites oportunos ante la empresa.
Grupo TRAGSA (12 de xaneiro). Solicitamos a inclusión dos biólogos na oferta de 4 prazas de técnicos para realizar plans de ordenación cinexética na nosa comunidade.
Fundación CETMAR. Enviamos escrito en relación a convocatoria de selección dunha praza de técnico superior para o proxecto SILENCIO, xa que nas titulacións establecidas como requisito para participar no proceso selectivo (Grao/Licenciado/a en Ciencias do Mar, Ciencias Geológicas e Ciencias Físicas), se exclúe a de Bioloxía. Con data de 10 de febreiro o CETMAR corrixe a convocatoria e inclue aos/ás biólogos/as.
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
Enviamos aos Grupos Parlamentarios no Parlamento de Galicia (PP, PSDG e BNG) alegacións ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación, que atopándose actualmente en plena tramitación parlamentaria. (15 de decembro). Pedimos:
- Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Modificación proposta: Que á especialidade de Bioloxía do Corpo da Administración Especial da Xunta se acceda coa titulación de Licenciatura ou Grao en Bioloxía.
- Na escala superior de seguridade e saúde no traballo. Modificación proposta: Incluir a de Bioloxía (Grao ou Licenciatura con título de técnico con formación en nivel superior, nas tres disciplinas preventivas) entre as titulacións habilitantes.
- Modificación do artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Modificación proposta:
Artículo 8. Definiciones.24. Personal técnico competente: Os actuais titulados en enxeñaría de montes ou enxeñaría técnica forestal e demais titulados universitarios con competencias en sistemas e medios forestais.
Recurso de Alzada (11 de decembro). Presentamos Recurso de Alzada contra a provisión dun posto de Xefatura de Sección de Análisis Clínicos da Xerencia de Área Sanitaria Pontevedra-Salnés (Resolución de 12 de noviembre de 2020) no que como requisito pídese "estar en posesión dos títulos de grado, licenciado ou doutor en Medicina, e o da especialidade en Análises Clínicas", excluindo deste xeito aos títulados en Bióloxía coa especialidade de Análises clínicas. Pedimos tamén como noutras convocatorias similares a inclusión dos especialistas en Bioquímica clínica.
Concello da Coruña (19 de agosto). Se estima a nosa alegación, presentada con data 15/07/2020 incluíndo a titulación de biólogo (código 1105) no posto de Xefatura de Sección de Biodiversidade (referencia 1136), de conformidade co informe emitido polo Servizo de Persoal que sirve de motivación ao presente acordo. [Ver acordo]
Concello de Pontevedra (6 de xullo). Decide estimar o noso recurso de reposición contra a modificación da RPT do Concello e do seu organismo autónomono no sentido de engadir como titulación esixible para os postos con código 5209, técnico medio medio ambiente e servizo de limpeza e 2010, técnico medio en medio ambiente natural, a titulación de licenciado en bioloxía ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de biólogo.
Concello da Coruña (14 de xullo). Presentamos reclamación contra a aprobación inicial da RPT, pola praza 1136 Xefe de Sección de Biodiversidade (Departamento de Medio Ambiente) que exclúe a titulación de Bioloxía.
Concello de Pontevedra (16 de xuño). Interpoñemos recurso potestativo de reposición contra o Acordo da súa Xunta de Goberno, de 7 de febrero de 2020, de aprobación definitiva da modificación da relación de postos de traballo do Concello de Pontevedra e o seu organismo autónomo, respecto ás prazas 5209 (Técnico med. medio ambiente e servizo de limpeza) e 5210 (Técnico med. en medio ambiente natural), ubicadas na Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestrutura, Enxeñería e Servizos, porque exclúen á titulación de Bioloxía para o seu desempeño.
Consellería de Medio Ambiente (14 de febreiro). A Asociación Profesional de Biólogos da Xunta de Galicia e o Colexio (representado polo decano) reuníronse coa Secretaria Xeral Técnica, tamén co obxectivo de expoñer as reivindicacións profesionais pendentes. O resultado foi decepcionante xa que a Administración neste caso non amosou ningunha intención de "traballar" pola defensa da profesión nin da revalorización dos nosos postos de traballo.
Dirección Xeral de Función Pública (11 de febreiro). A Asociación Profesional de Biólogos da Xunta de Galicia e o Colexio, representado polo seu decano, mantiveron unha entrevista co Sr. Director Xeral, para poñer no seu coñecemento as reivindicacións do colectivo. En concreto, subir a nivel 24 mínimo todas as prazas de biólogo/a das distintas Consellerías; complementos específicos de cada praza en función do traballo desempeñado, para recoñecer e compensar as particularidades propias de cada unha delas, as cales adoitan ser frecuentes en prazas relacionadas con traballos de campo (perigo, penosidade, etc.); horario especial de determinadas prazas suxeitas a condicionantes inherentes ao tipo de traballo que desempeñan; concurso de corpos especiais con frecuencia bianual; cursos de formación específica de biólogos/as,; titulacións de acceso á oposición de Bioloxía (elaboración dunha proposta de temario coherente e axeitado para a defensa da nosa profesión).
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda-2 (7 de febreiro). O recurso de reposición citado é desestimado "... pese ao dito "a prestación do servizo debe apoiarse nos coñecementos altamente especializados en materia ecolóxica que aportan os licenciados en Bioloxía".
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (10 de xaneiro). Interponse recurso de reposición contra o Prego de prescripcións técnicas particulares (PPTP) e Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) na contratación do "servizo para elaboración de documentos técnicos de identificación das principais ameazas dos valores naturais nos espazos protexidos da Rede Natura 2000 de Galicia". O Director técnico debe posuír a titulación de enxeñería de montes, agrónoma ou equivalente, con experiencia mínima de cinco anos no desenvolvemento de traballos relacionados, caracterización que cumple á perfección o profesional biólogo especialista en avaliación ambiental, acreditada en sentencias xudiciais e na práctica do exercicio da profesión, avaliada por innumerables visados de traballos profesionais. "É innegable a mala práctica que surxe da aplicación dos PPTP e PCAP en canto a inhabilitar aos biólogos para Director técnico por non consideralos técnicos ambientais".
Durante este ano o Colexio está a desenvolver unha serie de accións destinadas á defensa da profesión de biólogo:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Consellería de Educación (26 de novembro). O procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PTFP (especialidade de cociña e pastelaría, 591201) non inclúe a titulación de Bioloxía entre os requisitos de acceso. Envíase recurso de reposición contra a Resolución correspondente, solicitando se dicte unha nova na que se incorpore a titulación.
Director Xeral de Función Pública (11 de novembro). En relación co borrador da convocatoria para ingreso no corpo facultativo superior (escala de ciencias, especialidade bioloxía) da Administración especial da Xunta de Galicia, no noso escrito sinálase que debería terse en conta exclusivamente como requisito de participación a quen acredite posuír a titulación de Bioloxía, que no concurso se compute a experiencia en postos de persoal para os que se pedíu especificamente a titulación de Bioloxía. Tamén que na valoración da formación se teñan en conta os cursos organizados polos colexios profesionais e os masters oficiais das universidades (relacionados coa especialidade). Por último, unha maior concreción no temario no relativo ás referencias lexislativas. Copia do escrito envíase tamén ás organizacións sindicais presentes na mesa de negociación coa Administración, para que asuman o seu contido, se é o caso.
Obradoiros de Emprego (8 de novembro). Enviaronse escritos á Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao Concellos de Ourense e a Mancomunidad Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense en relación ás convocatorias de obradoiros de emprego nas que para as prazas de director e docentes dos módulos: Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes non incluen a titulación de bioloxía.
Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (25 de outubro). O contrato de asistencia técnica para a realización do estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra inclúe un técnico ambiental de grao medio ou superior en enxeñería ambiental, con máis de 5 anos de experiencia xenérica e en redacción de estudos de impacto ambiental, para o que non admite biólogos. No escrito enviado ao Sr. Presidente infórmaselle destas irregularidades para que suspenda e/ou revise estes procedementos de licitación para que se centren na selección de perfís profesionais que mellor poidan asesorar na redacción dos documentos ambientais correspondentes. CHMS (30 de outubro). A Confederación rectifica o pliego e inclue aos biólogos entre os técnicos ambientais do proxecto.
Cursos mantemento instalacións susceptibles propagación lexionelose-2 (3 de outubro). Con motivo da resposta da D. X. de Saúde Pública, remitimos escrito ao Conselleiro de Sanidade, coa seguinte petición: "...solicitamos que repoña o estado da cuestión aos seus cauces naturais, e aos precedentes administrativos mencionados, recoñecendo en definitiva a titulación en bioloxía como formación acreditada e idónea para impartir os contidos dos cursos sobre o mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de propagar lexionelose, tal como se viña aceptando ata o de agora".
Cursos mantemento instalacións susceptibles propagación lexionelose-1 (16 de setembro). A Dirección Xeral de Saúde Pública contesta ao noso escrito de 19 de xullo nos seguintes términos "... os temas 5, 6 e 7 do programa que tamén tratan temas de tomas de mostras, céntranse no coñecemento das instalacións de risco de propagar a lexionelose (sistemas de auga quente sanitaria e fría, torres de arrefriamento, condensadores evaporativos, etc.), que requiren dunha formación en tecnoloxía do saneamento e circuítos hidráulicos, mais propia das titulacións técnicas, resultando imprescindible para garantir que o mantemento das instalacións é o axeitado..... A división do curso en 2 bloques e a separación das titulacións débese á necesidade de contar con formadores con coñecementos tanto na bacteria, na enfermidade e nos produtos de tratamento da auga, como nos aspectos técnicos das instalacións."
O CGCOB a instancia nosa remite escrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en relación a Orden de 27 de agosto de 2020 (11 de setembro), pola que se convocan bolsas de formación práctica para titulados universitarios na área de desenvolvemento rural, innovación e política forestal, na que exclúese aos biólogos, solicitando se modifique a convocatoria incluindo a nosa titulación.
Dirección Xeral de Saúde Pública Consellería de Sanidade (19 de xullo). No escrito enviado a respecto dos docentes do curso de mantemento de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, insístese en que no anexo de titulacións para impartir o bloque técnico faise referencia a enxeñerías industrial. química, agrónoma e agrícola, excluíndose a titulación de Bioloxía. "Entendemos inadecuado que para a realización de actividades como toma de mostras, controles analíticos, deseño, identificación de puntos críticos, etc. non se considere competente a titulación de Bioloxía, o que vulnera dereitos básicos deste colectivo".
Concello da Coruña (16 de xullo). Envíase escrito solicitando que na RPT do concello se inclúa a titulación de Bioloxía para acceder ao posto 1136 (Xefe de Sección de Biodiversidade), ata o momento restrinxido a outras titulacións. "Biodiversidade é un termo que significa diversidade biolóxica, que é precisamente obxecto de estudo, máis que en ningunha outra titulación, por parte da Bioloxía."
Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade (16 de xullo). O escrito enviado a respecto dos docentes do curso de mantemento de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, reclama que no anexo de titulacións para impartir o bloque técnico faise referencia a enxeñerías industrial. química, agrónoma e agrícola, excluíndose a titulación de Bioloxía. "Entendemos inadecuado que para a realización de actividades como toma de mostras, controles analíticos, deseño, identificación de puntos críticos, etc. non se considere competente a titulación de Bioloxía, o que vulnera dereitos básicos deste colectivo".
Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Enviamos escrito en relación a convocatoria de praza de Técnico Superior da Secretaría Técnica (REF: TSC2017), na que non admitense biólogos, solicitando se teña en conta a nosa titulación.
Servizo Galego de Saúde. A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convoca unha praza de Microbioloxía e Parasitoloxía. Poñémonos en contacto co SERGAS solicitando a modificación das bases no sentido de cambiar o requisito de “Licenciado ou graduado en medicina e ciruxía e o título da especialidade correspondente” por “Licenciado ou graduado e o título da especialidade correspondente”. O SERGAS corrixe a convocatoria.
Listas interinidades e substitucións Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores Técnicos de Formación Profesional (9 de abril). Presentamos alegacións ao proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, no sentido de incorporar, ademais das xa incluídas, a titulación de Bioloxía para acceder ás seguintes especialidades:
No Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria: Física e química, Tecnoloxía, Análise e química industrial, Hostalaría e turismo e Navegación e instalacións mariñas e no Corpo de Profesores Técnicos de FP: Cociña e pastelaría, Laboratorio, Operación de procesos e Servizos de restauración.
Diputación de Ourense (4 de abril). Presentamos recurso de reposición contra a resolución pola que se anuncia a Convocatoria para cubrir unha praza de técnico superior en prevención de riscos laborais para que se considere a nosa titulación (DOG do 6 de marzo de 2019).
Consellería de Educación (27 de marzo). Estase a tramitar nesta consellería un proxecto de orde, relativo ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores Técnicos de Formación Profesional (entre outros) para impartir as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación, en centros docentes da súa competencia. Envíanselles escritos á Sra. Conselleira e ao Sr. Director Xeral de Centros e RR. HH. para que nos consideren parte interesada no procedemento, para se nos de traslado de dito proxecto para poder formular as correspondentes alegacións.
Especialidade de análise e química industrial do corpo de profesores de ensino secundario (25 de febreiro). A Resolución pola que se abre un prazo de solicitude de prazas de interinidades e substitucións nesta especialidade non contempla a titulación de Bioloxía entre as que se establecen como requisito. Envíaselle escrito ao Sr. Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación para que a inclúa. Simultaneamente, preséntase recurso de alzada (ou subsidiario de reposición) ante a Sra. Conselleira de Educación, co mesmo obxecto.
Centro Tecnológico del Mar- Fundación CETMAR (31 de xaneiro). A resposta da Sra. Directora ao noso escrito de 28 de decembro (EMODNET) asegura que "este proyecto está centrado en el análisis de datos socioeconómicos de diferentes fuentes de datos de varios países de la Unión Europea, así como a promoción y difusión de los mismos. (...) el objeto de este proyecto no se identifica con las funciones de su profesión, lo que viene a corroborar el que no se haya incluido su perfil dentro de las titulaciones requeridas en el anexo I de la convocatoria de la plaza".