Stop and Help! Que o lixo non chegue ao mar

Proxecto impulsado polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia cuxo principal obxectivo consiste en fomentar a conservación do patrimonio natural do Camiño de Santiago implicando tanto á poboación local como ás peregrinas e peregrinos, tecido asociativo e diversas entidades do terceiro sector, dándolle visibilidade a través dunha serie de xornadas de limpeza de lixo mariño en diferentes areais de varios dos concellos atravesados polo Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Galicia, que culminarán coa realización dunha intervención artística final levada a cabo por reputadas personalidades do mundo da arte en Galicia recoñecidas internacionalmente, que será exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas consecuencias sobre o medio ambiente.

Este proxecto conta cunha subvención da Xunta de Galicia dentro do seu programa O teu Xacobeo na súa convocatoria correspondente ao ano 2022.

As xornadas de limpeza de lixo mariño desenvolveranse nos concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Baiona e Nigrán.

A intervención artística final desenvolverase e será exposta en Vigo, no Centro de visitantes do PNMTIAG (Rúa Palma, 4)

As diversas actuacións de limpeza, retirada e selección de lixo mariño para a realización da intervención artística final desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro do ano 2022.

O equipo de artistas encargado de dirixir e realizar a intervención artística final con parte dos refugallos retirados durante as diferentes actuacións de limpeza está integrado por reputadas personalidades do mundo da arte contemporánea galega, expertas no eido das intervencións arte-natureza, como son a pontevedresa Carme Hermo e o marinense Antón Sobral.

Contabilizaranse os km realizados asociadas a execución do proxecto e calcularanse a cantidade de CO2 emitida por mor destes desprazamentos. Deste xeito, unha vez finalizado o proxecto, realizarase unha plantación no PNMTIAG para compensar as emisións realizadas.