Creación

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro. Constituíuse a partir do Real Decreto 1679/2000, do 2 de outubro, polo que se acorda a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos; e do Decreto 237/2003, do 27 de marzo, polo que se crea o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (primeiro como Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos) abriu as súas portas no ano 1987. Na actualidade conta con máis de 1.250 colexiadas/os.