Actualidade
Entrega Premios aos mellores TFG/TFM e Certificacións CGCOB O pasado venres 26 de xaneiro realizouse o acto conxunto de entrega das certificacións de biólogo/a ambiental e biólogo/a sanitario/a concedidas polo Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos/as (CGCOB) aos/ás colexiados/as galegos/as e a entrega do premios aos mellores Traballos Fin de Grao (TFG) E Traballos Fin de Máster (TFM) presentados nas tres facultades de bioloxia das universidades galegas. Nun avance significativo cara á regulación e recoñecemento dos biólogos en Galicia, concedéronse 31 certificados de Biólogo/a Ambiental e 49 certificados de Biólogo/a Sanitario/a. Este logro é resultado da iniciativa liderada polo CGCOB e o COBGA para establecer estándares profesionais en ambos os ámbitos. Doutra banda na 1ª edición dos #premios do COBGA aos mellores TFG e TFM, presentáronse un total de 37 traballos (22 TFG e 15 TFM), abarcando diversas áreas desde bioloxíamolecular, bioquímica, biotecnoloxíavexetal, ecoloxía, microbioloxía, xenética, zooloxía, ata bioinformática e paleontoloxía. Os traballos foron presentados nas universidades galegas (18 na UDC, 11 na USC, e 8 na UVIGO) e avaliados segundo criterios de orixinalidade, achega innovadora, presentación e deseño, e utilidade da súa aplicación. Dada a calidade dos traballos presentados e a igualdade dos resultados, decidiuse incrementar os premios con 4 accésits ata un total de 7 premios. Os dous actos estiveron presididos polo Decano do COBGA, José A. Fernández, o Vicedecano do COBGA, Pedro Pablo Gallego, e o Decano da Facultade de Bioloxía USC, Jesús Ángel López, da facultade de ciencias da Universidade da Coruña, Andrés Martínez e o Vicedecano da Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo, Jesús Míguez.
[26/01/2024]Plataforma para a Creación da Especialidade Multidisciplinar de Xenética Clínica
Con ocasión da presentación por parte do Ministerio de Sanidad da Carteira de Servizos de Xenética o vindeiro martes día 23, creouse unha “Plataforma de Apoyo a la Especialidad de Genética” que se van a concentrar ante o Ministerio.
O COBGA ten apoiado o manifesto a través do CGCOB.
Podedes cumprimentar o Formulario de adhesión: https://forms.gle/B6qDLBUep6Qfx2oz5
O próximo día 23 de xaneiro haberá unha concentración de xenetistas frente ao Ministerio de Sanidad (Madrid) de 09:00h. a 10:30h. aproveitando que se vai celebrar a presentación, pola ministra de Sanidad, da Carteira de Probas Xenéticas
[Manifesto]Pleno CGCOB e reunión CEDB. Pleno CGCOB e reunión CEDB. Os pasados 24 e 25 de novembro o Vicedecano Pedro Pablo Gallego asistiu á reunión da Conferencia Española de Decanos de Biología en representación do CGCOB e ao Pleno do Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos respectivamente. Nas dúas reunións tratáronse asuntos de interese para a nosa profesión.
[25/11/2023]
Certificación Biología Sanitaria CGCOB. Fase Embrionaria (ASEBIR). "Hablamos sobre la Certificación como Biólogo Sanitario, iniciada por el Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos. La puesta en marcha de la Certificación como Biólogo Sanitario es un gran paso para el reconocimiento de los profesionales de la embriología. Nos lo cuentan Eduardo Morán, Presidente del Consejo General de Colegios Oficiales de Biólogos y Antonio Urries, Presidente de ASEBIR."
[Podcast]
[09/11/2023]
Comisión de Sanidade e Medio Ambiente do CGCOB.. Os vocais do COBGA Juana Doce e Manuel Rodríguez participaron o pasado mes de outubro nas Comisións do CGCOB de Sanidade e de Medio Ambiente respectivamente. Na primeira falouse da Certificación Sanitaria, do estado das solicitudes e data da comisión de certificación nacional, entre outas cuestións. Así mismo falouse da necesidade de remitir un escrito consensuado polos COBs aos/ás Conselleiros/as autonómicos/as dando a coñecer a certificación e a situación da Bioloxía Sanitaria. E na de Medio Ambiente tratouse a certificación de Biólogo/a Ambiental e de asuntos de interese para a profesión relacionados co medio ambiente.
[27/10/23]
PEGADA DE CARBONO DO COBGA. No presente ano 2023 asinamos convenio con AMBICAL para o cálculo da pegada de carbono do Colexio (alcances 1 e 2), sen custo para o Colexio, e a posterior inscrición no Rexistro de Pegada de Carbono do Ministerio de Transcición Ecológica y el Reto Demográfico. No segundo semestre do ano realizouse o cálculo das emisión da sede colexial, consistentes nas emisión directas (Emisións fuxitivas de gases refrixerantes) e as emisións indirectas (consumo de enerxía eléctrica de rede), cun resultado de 1,64 Tn CO2e procedentes ó 100% das emisións indirectas (Alcance 2) e sendo neutros en alcance 1. O Plan de mellora inclue o obxectivo (nº 1) da reducción das emisións derivadas do consumo eléctrico nun 2% antes do 31/12/2023 (Indicador asociado: Tn CO2/nº de empleados). Para alcanzar o obxectivo prevese nunha primeira etapa a realización de actividades de sensibilización do personal e a substitución de luminarias de fluorescentes a LED. Nunha etapa posterior evaluarase a cambio a tarifas eléctricas de baixo o nulo nivel de emisións de carbono.
O 27 de outubro quedou rexistrada no Ministerio de Transcición Ecológica y el Reto Demográfico a nosa pegada de carbono co número 2023-a1778, podendo facer uso do selo.
Agradecemos a implicación de AMBICAL na consecución destes obxectivos de mellora ambiental da nosa institución, os/as biólogos/as debemos dar exemplo!
[27/10/23]
Alianza Galega polo Clima. O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia é o primeiro Colexio Profesional en adherirse á Alianza Galega polo Clima, co cal reafirmamos o compromiso dos/as biólogos/as galegos/as coa loita contra o cambio.
Con tal motivo o pasado 24 de outubro asistimos en Santiago de Compostela a Primeira conferencia das partes Alianza Galega polo Clima, na cal se falou da contabilidade de capital natural, taxonomía verde, pegada de carbono, eficacia enerxética, innovación sostible, boas prácticas, retos e oportunidades e se celebrou a asemblea das partes da Alianza.
[24/10/23]
Fernando García tesoureiro do COBGA asisitiu o pasado 9 de xuño ao acto de Graduación da XI promoción de Grao en Bioloxía e III promoción do Doble Grao en Química e Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela
[23/06/23]
Celebramos o venres 12 de maio o Día do/a Biólogo/a 2023 e fixemos entrega dos Premios e Recoñecementos: Bióloga do Ano, Empresas e Institucións do Ano e Membros de Honra do COBGA. Foi ocasión de encontro e de compartir experiencias e, especialmente, para recoñecer e agradecer o seu esforzo a aqueles colexiados que levan xa 25 anos no colexio.
Ademais de recoñecer e agradecer o esforzo dos compañeiros que levan 25 anos inscritos no Colexio, a ocasión serviu para premiar ao/a Bióloga do Ano e Empresa/Institución do Ano e o Membros de Honra.
Bióloga do Ano:
Marisol Soengas [Video agradecemento]
Gran Empresa/Institución
Stolt Sea Farm
Agencia Europea de Control de la Pesca
PEME/Institución
ProPlantae
Sociedade Galega de Historia Natural
Membros de Honra
Rafael Romero "Chiño" a título póstumo
Miguel Delibes [Video agradecemento]
[15/05/23]
O pasado 5 de maio asistimos á entrega dos premios da Unión Profesional. Colexiado/a do ano, Marisa Castro foi a nosa premiada.
[08/05/23]
Xornada sobre as actividades profesionais dos/as biólogos/as. O pasado 4 de maio celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo esta xornada na que participaron a Decana da Facultade Mercedes Gallardo o Decano do COBGA José A. Fernández e, como relatores, Vanesa Redondo falando de biotecnoloxía vexetal, Zeltia López falando da consultoría ambienbtal e José M. Yriarte falando do BIR.
[05/05/23]
Xornada de Saidas Profesionais dos Biólogos. O xoves 27 de abril, celebramos na Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña a Xornada de saídas profesionais dos/as biólogos/as, falaron Atocha Ramos de medio ambiente, Natalia Suarez do BIR e Andrés Pilas és da xestión da calidade.
[27/04/23]
A XVIII Olimpiada Española de Biología (2023) celebrouse en Barcelona na Universitat Autonòma de Barcelona (UAB), desde o xoves 23 ao domingo 26 de marzo. Participaron por parte de Galicia os alumnos Gabriel Losada Torres do IES A Pinguela (Monforte), Iago Cabana Castro do IES Eusebio da Guarda (A Coruña) e Iago Fernández Rodríguez do IES Carlos Casares (Viana do Bolo). Ainda que non obtiveron medallas foi unha moi boa experiencia para os rapaces na que conviviron con alumnos/as de todo o país durante estes 4 días.
[27/03/23]
Rematou o venres 17 de febreiro na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela a XVIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega), nela participaron 100 estudantes seleccionados previamente de os 344 inscritos na proba on line celebrada o 3 de febreiro.
Resultaron gañadores da XVIII Edición da Olimpíada Española de Biología-Fase Galega celebrada na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
1º Gabriel Losada Torres, IES A Pinguela (Monforte)
2º Sol Davó Fernández, IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
3º Iago Cabana Castro, IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
Participarán na Fase Nacional do 23 ao 26 de marzo (Barcelona)
As/o tres seguintes substituiran aos 3 primeiros en caso de non poder asistir
4º Iago Fernández Rodríguez, IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
5º Elisa Marie Rodríguez Martínez, IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
6º Sara Vázquez de Peroy, IES As Telleiras (Narón)
O pasado venres 18 de novembro celebramos a Xornada de Formación para Opositores/as de Ensino Secundario de Bioloxía Na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Luis Fernández (on line) ofreceu un repaso xeral as convocatorias, Ana Penas falou da súa experiencia como opositora e actualmente xa funcionaria e Natalia Fernández explicou o punto de vista do tribunal, finalmente os/as asistentes fixeron as correspondentes preguntas aos relatores.
[18/11/22]O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia presentou o pasado 31 de outubro, no Centro de visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na cidade de Vigo, os resultados de "Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar".
[31/10/22]UNIÓN PROFESIONAL DE GALICIA. Andrés Pilas (vogal) asistió, o pasado 25 de outubro,en representación do COBGA na Xornada "Convenio 190 OIT sobre violencia no traballo desde a visión dos Colexios Profesionais", organizado pola Unión Profesional de Galicia en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
[25/10/22]Xornada limpeza de lixo mariño en #praiaAmérica. Participaron: #ALENTO, #IESPAntónLosadaDieguez e COBGA co apoio do @ConcelloNigran para retirar 28 Kg de lixo. Dentro do proxectop #StopAndHelp do COBGA, beneficiario do programa #OTeuXacobeo da Xunta #Xacobeo2022
[13/10/22]Fantástica xornada de limpeza de #LixosMariños, na praia de #Ladeira (Baiona). Recolleron 43 kg de lixo (708 cabichas, 62 bastonciños,...) Participaron: #Avelaíña, Dar Máis, #CEPSabarís e @ConcelloBaiona #StopAndHelp proxecto do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[28/09/22]Xornada de limpeza de #lixomariño, na praia de Camposancos-A Guarda. Colaboran: Anabam, Avelaíña, #CruzRojaBaixoMiño, #ConselloClimáticoXuvenildeAGuarda, San Xerome, C° A Guarda e O Rosal. StopAndHelp Proxecto do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[21/09/22]Xornada de limpeza de lixo mariño en #Portecelo, (O Rosal). 218 Kg recollidos, grazas Asocaición A Jalleira e o @concellodorosal. Proxecto #StopAndHelp do COBGA promovido pola Xunta- #OTeuXacobeo #Xacobeo2022
[18/09/22]Diana Valverde vogal do COBGA asistiu ao acto de graduación do Dobre Grado en Química e Bioloxía.
[22/07/22]ACTOS DE GRADUACIÓN. O Decano D. José A. Fernández asistiu o 1 de xullo ao Acto de Graduación da X promoción de Grao en Bioloxía da Universidade de Vigo, o acto foi clausurado polo rector da Universidade D. Manuel Joaquín Reigosa
[01/07/22]ACTOS DE GRADUACIÓN. O pasado 11 de xuño o Tesoureiro, Fernando García participou no Acto de Graduación da X promoción do Grao en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, acto que celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
[11/06/22]O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) celebrou onte o Día do Biólogo 2022. Foron recoñecidos os/as colexiados/as que levan 25 anos inscritos/as. Tamén entregáronse o premios : Bióloga/o do Ano, Empresas e Institucións do Ano e Membros de Honra
- Bióloga/o do Ano
A Dª Marisa Castro Cerceda polo seus mais de 30 anos de traballo na investigación e divulgación no eido da micoloxía.
A D. Pablo Ramil Rego polo seus mais de 30 anos de traballo como botánico experto en ordenación do territorio, economía circular, lexislación ambiental e xestión de espacios protexidos.
- Premios Gran Empresa /Institución
Ao Grupo Zendal pola contribución da compañía desde a súa fundación, no ano 1939, á investigación e desenvolvemento de produtos inmunológicos e en especial de vacinas humanas e veterinarias, tanto clásicas como de tecnoloxía recombinantes e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Andrés Fernández Álvarez-Santullano, Director General del Grupo Zendal.
Ao INTECMAR en atención especialmente ao seus mais de 20 anos de traballo no control da calidade do medio mariño e control técnico-sanitario dos produtos do mar. Recolleu o premio Dª Covandonga Salgado Blanco, Directora do Intecmar.
- Premios PEME/Institución
A AllGenetics polos seus traballos punteiros en estudos xenómicos mediante o emprego da bioinformática e técnicas de secuenciación xenéticas, tanto a nivel nacional camo internacional e en recoñecemento do importante número de biólogos/as que traballan nela. Recolleu o premio D. Antón Vizcaino Hermida, Director do Laboratorio AllGenetics.
A Investigal en atención especialmente ao seu compromiso en prol do sector da investigación en Galicia. Recolleu o premio Dª Elena Lendoiro Belío Presidenta de Investigal.
- Membros de Honra
A Dª Mercedes Casal Jiménez pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decana do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, impulsando a profesión e a colexiación na nosa Comunidade e establecendo as bases do que é o Colexio actual.
A D. Pelayo Míguez Baños pola súa relevante e notoria contribución ao desenvolvemento da profesión de biólogo como Decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, levando ao Colexio a ser referente dentro dos Colexios de Biólogos a nivel nacional.
Finalmente viviuse un emotivo momento ao facer entrega o Decano dunha placa ao ex-xerente do COBGA, D. José Manuel Meléndez Ferro, en agradecemento polos seus máis de 25 anos aa frente da oficina colexial
Xornada saídas Profesionais na UVIGO. Celebramos a xornada o pasado 5 de maio, na Facultade de Bioloxía, coa prsenza da Decana de bioloxía Mercedes Gallardo, o Vicedecano do COBGA Pedro Pablo Gallego, e como ponentes participaron José Yriarte qu efalou do BIR, Manuel Rodríguez que falo a Xestión dos residuos e Tania Ballesteros que falou da Investigación en recursos mariños e acuicultura
[05/05/22]O Vicedecano Pedro Pablo Gallego , participou en Barcelona na Conferencia Española de Decanos de Biología en representación del Consejo General de Colegios de Biología, en ella se trató temas de interés para la Profesión
[29/04/22]AS CIENCIAS PERDEN, PERDEMOS TODOS. Tras a publicación da concreción da distribución de horas por materias, sen poder analizar os currículos educativos das materias (só existen a nivel estatal) a conclusión é: As ciencias perden, perdemos todos!. Nunha sociedade en pandemia con colectivos con pouca análise crítica e científico, que denostan as fontes oficiais e incluso mesmo a propia ciencia (antivacinas, etc), a Administración Pública baixa en todos os cursos o número de horas de ciencias. Análise por cursos da etapa obrigatoria (ESO e Bacharelato) en canto ádistribución de horas. [Más información]
[27/04/22]Xornada saídas Profesionais na UDC. Celebramos a xornada na Facultade de Ciencias, coa presenza do Decano Andrés , o pasado 22 de abril, participaron por parte do Colexio: David Velasco que falou do BIR, Xiana Pérez embriólogo e Pablo Fernandes Xerente do COBGA.
[22/04/22]Rematou este domingo en Oviedo a Olimpiada Española de Biología. Galicia obtivo nesta ocasión un excelente resultado, xa que Paulo Joaquín García Elexpuru IES Carlos Casares (Viana do Bolo) foi medalla de prata na XVII Olimpiada de Biología e, polo tanto, representará a España na XV Olimpiada Iberoamericana de Biología 2022-OIAB 2022 (Lima-Perú). Participaron nas probas tamén Denís Iglesias do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, e Vicente Bermúdez de Castro do IES Eusebio da Guarda de A Coruña.
[06/04/22]CONVENIO CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. Renovamos o Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade co que se se compromete a apoiar a Olimpíada de Bioloxía, organizada pola OEB (Olimpiada Española de Biología) e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Entre outros compromisos está o de recoñecer ao profesorado participante con 15 horas de formación (25 horas para os asistentes a fase nacional).
[31/03/22]O pasado fin de semana os/as participantes no curso de iniciación ao naturalismo, organizado polo COBGA coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, realizaron as correspondentes prácticas no PN Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán
[26/03/22]Asistimos a toma de posesión do reitor da Universidade de Santiago de Compostela D. Antonio López, desexámoslle o maior dos éxitos no seu labor.
[22/03/22]O Concello de Santiago de Compostela invítanos a entrega de premios Árbol Europeo do Ano 2022, no que participa o Carballo de Conxo. Parabens! polo segundo posto.
[22/03/22]A ciencia ten a mellor resposta. Asistimos no Pazo de Fonseca ao acto "a ciencia ten a mellor resposta" no que os colexios profesionais sanitarios queren transmitir a ciudadanía a mensaxe da importancia de guiarse pola mellor evidencia científica disponible. Sesenta entidades entre facultades, colexios profesionais e academias científicas do ámbito sanitario de Galicia subscribiron un manifesto baixo o título "As respostas están na ciencia", no que nos ofrecemos como fonte de información activa e fiable, baseada na evidencia científica e o coñecemento máis consolidado. [Manifesto]
[04/03/22]Convenio GoBIR. Asinamos convenio con GoBIR, entidade dedicada á preparación da proba de acceso á Formación Sanitaria Especializada BIR (Biólogo Interno Residente), ofrece aos/ás colexiados/as do COBGA un desconto sobre o prezo normal de inscrición nas súas actividades de formación/servicios
[01/03/22]
Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía. Rematou onte venres na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña a
proba correspondente á Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía. Esta
foi xa a decimosetima edición do certame e nela participaron 30 estudantes
seleccionados previamente de os 168 inscrito na proba on line celebrada o 4
de febreiro.
Resultaron gañadores e representarán á nosa comunidade na fase nacional, que se celebrará en Oviedo, na Universidad de Oviedo, do xoves 31 de marzo ao domingo 3 de abril.
1º Paulo Joaquín García Elexpuru IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
2º Vicente Bermúdez de Castro Rey IESP Eusebio da Guarda (A Coruña)
3º Denis Iglesias Montes IES Aller Ulloa (Lalín)
Os 3 seguintes substituirán aos primeiros en caso de non poder asisir
4º Martín Romero Muñiz IESP Eusebio da Guarda (A Coruña)
5º Carolina Balado Puentes IES Concepción Arenal (Ferrol)
6º Jeyko Maneiro Sanisidro IES Espiñeira (Boiro)
[19/02/22]
Convenio Fundación USAL. Asinamos convenio coa Fundación General de la Universidad de Salamanca, ofrece un desconto aos/ás colexiados/as nas súas actividades online sobre seguridade e calidade alimentaria.
[09/02/22]Segundo o artigo 11 da Lei 25/2009, de 22 de decembro, Lei Ómnibus, as organizacións colexiais estarán suxeitas ao principio de transparencia na súa xestión. Con este fin, cada unha delas deberá elaborar unha Memoria anual, que deberá facerse pública a través da súa páxina web no primeiro semestre de cada ano.